Composición movemento obreiro (Pau 2017)

MOVEMENTO OBREIRO
A etapa anterior ao movemento obreiro é o Antigo Réxime, que se pode definir como unha formación económico-social, que se basea no feudalismo, e nun sistema con monarquía absoluta, cunha centralización do poder. Posteriormente, ocasiónase a transición a un sistema liberal con maior importancia á clase burguesa.
Este novo período liberal viuse definido polo desenvolvemento do capitalismo e da industrialización o que da lugar á consolidación da burguesía e por outra parte o proletariado.. As pésimas condicións de vida e traballo causaron conflictos sociais entre a burguesía e o proletariado e por conseguinte co Estado liberal que defendía os intereses do primeiro grupo.
O movemento obreiro é heteroxéneo, con dúas ideoloxías dominantes: anarquismo e socialismo marxista. Os principios de liberdade e contratación e salarios, xunto ca falta de regulamentación laboral e o interese que tiñan por obter os máximos beneficios, fixeron que o proletariado tivese que soportar duras condicións de traballo como eran as longas xornadas, a ausencia de dereitos e os baixos salarios, ademais usar man de obra feminina ou infantil, xa que era mais económico. As primeiras protestas obreiras que ocorreron en España foron entre os anos 1820 e 1830, cando os traballadores obtiveron peores condicións ou directamente perderon o seu traballo. A súa reacción foi destruír as fábricas e as máquinas, as que consideraban culpables diso. Este movemento coñécese como ludismo, “racharon e fixeron anacos as máquinas novas tirándoas ao mar” DOC1.
Cando as negociacións patrón-empregado non chegaban a un acordo, os empregados usaban a folga como medio mais eficaz de loita, tratando de mellorar as condicións nas que realizaban o traballo. A folga podía ser parcial (nun sector laboral), xeral (todos os sectores dunha cidade ou país) ou xeral revolucionaria (as peticións de carácter laboral mais político). Para que esta última triunfase, tiña que ter o apoio dos medios económicos para que os obreiros puidesen cubrir as súas necesidades en folga.
Os obreiros que había nas novas fábricas formaron asociacións para defender os seus intereses socio-laborais, dando lugar as sociedades de resistencia e os sindicatos por oficio. Pero a lexislación liberal, en apoio da liberdade do mercado, prohibía que se formasen sociedades de resistencia, por isto, as primeiras sociedades foron creadas como se fosen de carácter benéfico. En 1839 créase unha lei que autorizaba a fundación de sociedades de resistencia que tiñan como obxectivo a mellora dos salarios, “do dereito de ASOCIARNOS” DOC 2, a redución da xornada laboral e a creación de caixas de resistencia para que se os despedían, ou enfermaban, tivesen un sustento: “Hoxe concédesenos só para favorecernos nos casos de enfermidade ou de falta de traballo” DOC 2.
En 1844, o Goberno moderado, eliminou esta lei, pero en 1855, os progresistas, no Bienio Progresista volven engadila debido as peticións dos obreiros. Aínda que este grupo quería a súa legalización, a gran maioría destas asociacións vivían na clandestinidade, ata que foron recoñecidas polo Goberno de Sagasta en 1887.
Na 2ª metade do S.XIX aparecen novas ideoloxías que tiveron moita repercusión nos movementos do proletariado. O anarquismo, que se iniciou no Sexenio Democrático, tiña como obxectivo a transformación da sociedade capitalista usando a destrución do Estado (estaban en contra do poder); a eliminación da propiedade privada e dos dereitos de herdanza e de todo tipo de poder; a nova distribución da sociedade en comunas autonómicas onde todo é de todos; e tiñan que ser os traballadores os que fixeran esas reformas. Os que defendían ao  anarquismo desconfiaban de que a loita política valera como medio para lograr unha transformación na sociedade, por iso, practicaron a abstención e o retraemento electoral. Como medio de loita revolucionaria propuxeron a folga xeral, o terrorismo, a creación de sindicatos, etc.
A outra ideoloxía era o socialismo marxista, creada no Sexenio democrático (1868-1874). O seu obxectivo era conseguir unha sociedade socialista, transformándoa en capitalista. O medio mais eficaz para modificar a sociedade era a loita de clases, esta modificación debía facela o proletariado organizado en sindicatos (UGT) “Unión General de Trabajadores”
DOC 4, conquistando o poder e utilizando ao Estado como obxecto de nivelación social; e cando o conseguiran, nacionalizar o poder e que todo pasara a ser do Estado.
Os sindicatos deron paso as federacións locais e aos sindicatos xerais nos que se meteron todos os oficios do país. Á vez, tamén se organizaron partidos obreiros que loitaban por mellorar a clase obreira. En 1864, fúndase en Londres a Asociación Internacional de Trabajadores (AIT), que tiña como obxectivo a unión e a loita dos traballadores para que se emanciparan polo mundo. En 1870, fúndase en Barcelona a Federación Regional Española (FRE) da AIT. A FRE, mentres reinou Amadeo I (1971-1973) tivo moita expansión, conseguindo moitos seguidores. “Proba en verdade que atinxe a reis e pobos, a sacerdotes e profanos, ao cidadán humilde e ao elevado magnate” DOC 3.
A prohibición das actividades da Internacional en España foi en 1874. A reacción anarquista ante a represión da Semana Tráxica de Barcelona axudou a que se fundara en 1910 en Barcelona o sindicato da “Confederación Nacional del Trabajo” DOC 4, que defendeu a folga xeral revolucionaria, xa que era unha táctica para a emancipación da clase obreira. A CNT chegou a ser unhas das principais asociacións sindicais que estivo nas zonas industriais do mediterráneo, despois, en 1927, fundouse a Federación Anarquista Ibérica (FAI).
Estando na ditadura de Primo de Rivera (1923-1930), os anarquistas extremos defenden o terrorismo e os  seus seguidores foron os responsables de moitos atentados e asasinatos, que eran símbolos de opresión como atentados contra Afonso XII e XIII, e o asasinato de  Eduardo Dato.
Nas organizacións socialistas destacou Pablo Iglesias, xa que foi o máximo impulsor do sindicato socialista. O PSOE fundado en 1879, tiña un periódico, que despois da publicación da Lei de Asociacións en 1887, celebrou o seu 1º Congreso en 1888. A Unión General de Trabajadores (UGT) construíuse como unha federación de sindicatos socialistas tamén en 1888. Estas dúas organizacións, fundadas por Pablo Iglesias, axudaron a creación en París da II Internacional. Entre os seus acordos estaban a conquista do poder político polos traballadores, a loita pola xornada laboral de 8 horas, e a declaración do 1º de Maio como día do traballador. A partir de finais do S.XIX, o PSOE presentou candidatos as eleccións xerais, formaron alianza cos republicanos, e grazas a isto Pablo Iglesias converteuse no primeiro deputado obreiro.
Despois do triunfo da revolución soviética de 1917 e da III Internacional Comunista en 1919, houbo un gran debate entre todos os socialistas, sobre se seguir ou non o plan soviético, o que provocou en España a división dos xoves-socialistas do PSOE que crearon o Partido Comunista Español (PCE) e do Partido Comunista Obreiro Español (PCOE).
Álvaro Díaz Díaz
Tania Fernández Siota
Carmen Reyes García

Andrea Vázquez Mosteiriz

Comentarios

Entradas populares de este blog

Composición