Composición movemento obreiro (Pau 2017)
MOVEMENTO OBREIRO A etapa anterior ao movemento obreiro é o Antigo Réxime, que se pode definir como unha formación económico-social, que se basea no feudalismo, e nun sistema con monarquía absoluta, cunha centralización do poder. Posteriormente, ocasiónase a transición a un sistema liberal con maior importancia á clase burguesa. Este novo período liberal viuse definido polo desenvolvemento do capitalismo e da industrialización o que da lugar á consolidación da burguesía e por outra parte o proletariado.. As pésimas condicións de vida e traballo causaron conflictos sociais entre a burguesía e o proletariado e por conseguinte co Estado liberal que defendía os intereses do primeiro grupo. O movemento obreiro é heteroxéneo, con dúas ideoloxías dominantes: anarquismo e socialismo marxista. Os principios de liberdade e contratación e salarios, xunto ca falta de regulamentación laboral e o interese que tiñan por obter os máximos beneficios, fixeron que o proletariado tivese que soporta...